Participación en simulacros de emerxencia por incendios forestais na provincia de Pontevedra

Os días 6 e 13 de xuño cinco membros do GIPCE participaron nos simulacros de emerxencia forestal con activación do nivel 2 do PEIFOGA que tiveron lugar nos Concellos de Arbo e Oia, respectivamente.

O obxectivo deste simulacro é reproducir un escenario o máis real posible dun incendio forestal de comportamento agresivo como os que afectaron ao Concello de Arbo nos anos 2002, 2006, 2012 e 2022. A virulencia destes incendios pode afectar tanto á poboación, que ten que ser evacuada ou confinada nas súas casas, como ao operativo posto en marcha para lograr a extinción. Por iso, este tipo de simulacros son moi importantes para mellorar a coordinación entre os distintos profesionais intervenientes, adestrar a toma de decisións en situacións críticas e analizar as dificultades atopadas durante a posta en marcha do plan de actuación planificado.

Nestes simulacros o GIPCE foi activado para intervir cos veciños que tiñan que ser evacuados das súas casas ante a ameaza de que fosen alcanzadas polos incendios.