25/6/2025
Oferta de colaboración para psicólogos/as sanitarios/as autónomos/as, que desexen ampliar a súa actividade asistencial, para novo centro multidisciplinar en Santiago no centro da cidade.
O centro está dotado con consultas privadas e equipadas, zonas comúns funcionais e unha estrutura pensada para favorecer o confort tanto de pacientes como de profesionais.
Precísase o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria ou o Título de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía Clínica, así como estar colexiado/a.
Valorarase especialidades e formación complementaria.
As persoas interesadas poñerse en contacto con Valentina no enderezo electrónico: info.gruposaludgalicia@gmail.com ou no teléfono: 640 383 663