O 29 de agosto o GIPCE participou no 5° Congreso Internacional e 6° Simposio Nacional sobre a prevención do suicidio e a promoción da saúde mental en nenas, nenos, adolescentes e grupos vulnerables organizado pola Fundación Prevén A.C., FEMACPE SALUD e a Universidade La Salle Nezahualcoyotl de México.
Neste congreso participaron por videoconferencia a coordinadora do GIPCE, Ana Ma. Núñez Rubines, coa conferencia maxistral "Promoción da saúde mental en menores: Estratexias para a xestión emocional"; e a membro da comisión coordinadora, Ma. Carmen González Hermo, coa conferencia maxistral "¿Accidente ou suicidio? Prevención das conduta autolíticas en persoas con diversidade intelectual "
Durante os tres días que durou o Congreso participaron profesionais de distintos ámbitos procedentes de México, Colombia, Perú, España, Italia, EEUU e Arxentina compartindo o seu coñecemento sobre dúas das problemáticas que máis preocupan a nivel mundial: a saúde mental e a conduta suicida.