Un ano máis o GIPCE participou no Simulacro Xeral Aeronáutico do Aeroporto de Vigo, que se realiza cada dous anos tal e como se contempla nos Plans de Autoprotección dos aeroportos. Nesta ocasión realizouse o 17 de setembro baixo o suposto dun accidente de aeronave durante a aterraxe causando 6 falecidos, 4 feridos moi graves, 8 feridos graves e 14 feridos leves e ilesos.
As gipces asistentes, 2 do grupo de intervención GI-112 e 3 do grupo de formación GIPCE-COPG, participaron prestando atención psicolóxica inmediata na sala destinada a pasaxeiros que resultaron ilesos ou feridos leves e na sala de familiares.
A participación do GIPCE nos simulacros é moi importante para os integrantes do grupos dado que permite coñecer os protocolos de actuación en caso de emerxencia, mellorar a coordinación con outros profesionais de emerxencias, adquirir experiencia e promover a cohesión de equipo.