IX CONGRESO XURÍDICO INTERNACIONAL IN-XURGA 2026

venres, Febreiro 6, 2026 - 11:30 a venres, Febreiro 27, 2026 - 11:30

IX CONGRESO XURÍDICO INTERNACIONAL IN.XURGA 2026 SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE/DEPENDENCIA: “Defender a diversidade sen fronteiras: educación, discurso de odio e discapacidade” e V XORNADAS INTERNACIONAIS IN.XURGA 2026 VIOLENCIA DE XÉNERO E MULLER CON DISCAPACIDADE: “Catenarias cara á igualdade. Políticas públicas en violencia de xénero: Servizos Sociais, delito de trata e discapacidade”

Organizado por: IN.XURGA- Xuristas Inclusivas.

Data: 25, 26 e 27 de febreiro de 2026

Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Colaboran: Concello de Vilagarcía de Arousa; Universidade de Santiago de Compostela IV ciclo universitario de maiores USC; grupo de investigación, diagnóstico educativo e avaliación –idea- USC; grupo de investigación terceira xeración –texe- USC; oficina igualdade de xénero USC; Universidad Cooperativa de Colombia UCC; Afauco.

Achégase cartel e información do evento:

Contacto: in.xurga@gmail.com

Entrada presencial; libre e gratuíta.

En Streaming, con inscrición previa e sen certificado de asistencia.

Inscrición: Remitir correo electrónico a in.xurga@gmail.com indicando nome e apelidos, DNI, localidade de residencia, profesión, se ten discapacidade/dependencia, se pertence a algunha asociación, se desexa certificado de asistencia.

Inscrición con Certificado de asistencia por 30 horas: Abono de 30 euros. Exentos: UCC, persoas asociadas IN.XURGA, relatores/as e acompañantes, invitados/as, persoas de honra e acompañantes, persoal de organización do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Cartel