27/2/2026
Búscase Psicólogo/a Sanitario/a Autónomo/a para MERGULLO psicoloxía e saúde en Monforte de Lemos.
Funcións:
- Avaliación psicolóxica e elaboración de plans de intervención individualizados.
- Intervención psicolóxica con poboación adulta e/ou infantoxuvenil.
- Seguemento terapéutico e coordinación con familias cando sexa preciso.
- Elaboración de informes clínicos.
- Coordinación co equipo profesional docente.
- Posibilidade de realizar obradoiros ou actividades grupais.
Requisitos:
- Grado ou licenciatura en Psicoloxía.
- Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria.
- Estar colexiado/a.
- Seguro de responsabilidade civil profesional.
- Alta como autónomo/a ou dispoñibilidade para iso.
- Experiencia mínima de menos de 6 meses.
Aspectos a valorar:
- Experiencia ou formación en intervención con poboación infanto-xuvenil.
- Formación e práctica clínica desde un enfoque integrador.
- Formación complementaria en trauma, apego ou regulación emocional.
- Capacidade de traballo en equipo e sensibilidade cara o traballo clínico centro na persoa.
Condicións laborais:
- Derivación de pacientes.
- Flexibilidade horaria a concretar segundo a dispoñibilidade.
- Bo clima profesional e traballo coordinado en equipo.
Contacto:
Enviar carta de presentación e CV a cristinavieco.psico@gmail.com

