I Simposium Pericial de Unión Profesional de Galicia

4/3/2026

Unión Profesional, do que o COPG forma parte, celebrará o vindeiro 14 de marzo o I Simpósium Pericial de Unión Profesional de Galicia "O informe pericial profesional como elemento clave na Administración de Xustiza".

O Simpósium está aberto a todas as colexiadas e colexiados dos Colexios Profesionais socios de Unión Profesional de Galicia. A inscrición será gratuíta para as colexiadas e colexiados pertencentes a Colexios socios de Unión Profesional de Galicia, como é o caso do COPG. 

Podes consultar toda a información e o programa na seguinte ligazón, se ben podes asistir unicamente a aquelas conferencias que che resulten de interese:

https://unionprofesionaldegalicia.org/i-simposium-pericial-updg/

Para máis información podes contactar coa Secretaría Técnica de Unión Profesional de Galicia ao e-mail secretaria@unionprofesionaldegalicia.org ou chamando ao 679 486 961 / 681 135 330.