O COLEGIO OFICIAL DE PSICOLOGÍA DE ANDALUCÍA OCCIDENTAL e a súa FUNDACIÓN PARA A FORMACIÓN E A PRÁCTICA DA PSICOLOXÍA (FUNCOP) organizan o "IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SOLIDARIA: PSICOLOXÍA E COOPERACIÓN" co obxetivo de dar a coñecer a situación e condicións de vida da poboación de países en vías de desenvolvemento e facelas visibles a través da fotografía para sensibilizar, xerar conciencia crítica e promover a cooperación ao desenvolvemento na nosa sociedade.
Poderán participar cantas persoas aficionadas á fotografía con carácter social o desexen e que sexan maiores de 18 anos.
O tema principal do concurso á a Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e deberá quedar plasmado nas fotografías presentadas polos/as participantes a partir da súa propia perspectiva persoal e artística, sempre que representen de maneira clara e respetuosa os artículos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e os Principios Xerais da Convención sobre os Dereitos do Neno.
As bases do concurso podense consultar aquí.
O prazo para presentar as fotografías estará aberto desde o 9 de febreiro ata o 6 de abril de 2026 (ambos inclusive), quedando descartadas as que se presenten con anterioridade e posterioridade.
As persoas interesadas en concursar deberán presentar a súa candidatura a través do formulario online: l.copao.es/icfs
Tres fotografías serán galardonadas con mención e axudas económicas.

