12/3/2026
O curso organizado pola Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, celebrarase o 10 de abril en modalidade presencial, no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.
O curso ten como obxectivos:
- Conformar unha base de coñecemento sólida e baseada na evidencia, acerca do impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia, tanto dende un punto de vista da saúde física e mental, como da convivencia e o neurodesenvolvemento.
- Sensibilizar aos profesionais do eido da psicoloxía da educación da necesidade de abordar as relacións na contorna dixital e coa contorna dixital, como un dos eixos capitais para o coidado do benestar emocional da rapazada.
- Dar a coñecer diferentes iniciativas desenvolvidas en España para a promoción do benestar dixital na infancia e na adolescencia.
- Servir de espazo de reflexión e debate para os/as profesionais da comunidade galega, interesados/as de maneira particular no benestar dixital da mocidade.
- Identificar oportunidades colectivas que sirvan para poñer en valor o papel da psicoloxía educativa en Galicia, no marco do recen presentado Plan de Benestar Dixital.
- Desenvolver iniciativas e/ou propostas concretas de colaboración institucional.
Podes facer a túa inscrición de maneira gratuita enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal(link is external) ata o 31 de marzo, ou a través da sede electrónica do COPG.

