Sesión formativa e reunión informativa "Compartindo experiencias en Permismo por Puntos (PXP)"

13/3/2026

Dende o Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia queremos informarvos que o día 28 de marzo se vai celebrar a sesión formativa “Compartindo experiencias en Permiso por Puntos (PXP)” xunto cunha reunión informativa sobre as novidades deste tema, no salón de actos da sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O encontro ten como finalidade realizar unha breve sesión formativa e unha posta en común, así como informar sobre a situación actual neste ámbito e sobre a inminente posibilidade de realizar as novas habilitacións necesarias para intervir nos cursos de PXP.

Así mesmo, preténdese que esta reunión sirva como un espazo de encontro, debate e intercambio entre as e os profesionais que levan anos intervindo neste ámbito.

Por todo isto, animámosvos a todas as persoas colexiadas interesadas —tanto aquelas que levan tempo traballando neste campo como quen se incorporou recentemente— a facer o posible por asistir, co obxectivo de avanzar na organización dun grupo operativo dende o Colexio en relación con este tema.

Achegamos a continuación a información relativa á sesión formativa. No caso de non poder asistir á actividade, tamén existe a posibilidade de acudir unicamente á reunión informativa (de xeito gratuíto), que comezará ás 11:15 horas (pregamos confirmar previamente a asistencia enviado un correo electrónico a copgalicia@copgalicia.gal por cuestións de aforo).

Programa

Boletín