O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia renova o convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para a atención ás mulleres que sofren violencia de xénero e homes con problemas de control de violencia

26/7/2017

Este luns 24 de xullo levouse a cabo en Santiago de Compostela a sinatura do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para a atención a mulleres que sofren violencia de xénero (PAPMVX) e para homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar (Abramos o Círculo).

Desde o ano 2009 beneficiaronse un total de 3649 persoas polo Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero (PAPMVX), das cales 2589 foron mulleres, 924 menores e 136 persoas dependentes. Por outro lado, no Programa Abarmos o Círculo foron atendidos 579 homes con problemas de control da violencia.

S.X. de Igualdade [accede á nova]
Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero [accede á web]
Programa Abramos o Círculo [accede á web]