Reunión coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia

5/12/2016

O 11 de novembro, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, mantivo unha xuntanza co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, fin de tratar da situación económica do Programa de atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero, e complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu entorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero (PAPMVX) e do Programa "Abramos o Círculo". Na mesma xuntanza tamén se tratou sobre o convenio do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, así como dos convenios para a mediación familiar intraxudicial que se manteñen en Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol.