Xornada "Xénero, saúde e psicoloxía: Diálogos para unha intervención con perspectiva feminista"

19/2/2026

A Comisión Intersectorial Feminista do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Xornada “Xénero, saúde e psicoloxía: diálogos para unha intervención con perspectiva feminista”, que se celebrará os días 12 e 13 de marzo na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e na Libraría Lila de Lilith.

Os obxectivos desta actividade céntranse en analizar e fortalecer a práctica profesional da psicoloxía desde unha perspectiva feminista, promovendo unha mirada crítica sobre a formación, os malestares psicolóxicos e o impacto das desigualdades e violencias de xénero na saúde mental.

Tamén se busca conmemorar e actualizar as achegas da publicación Psicología y género, así como reflexionar sobre as novas realidades vinculadas ás identidades, os corpos e os xéneros e os seus efectos psicolóxicos.

A actividade pretende fomentar o diálogo interdisciplinar, difundir programas e recursos de prevención da violencia de xénero impulsados polo COPG e promover o bo trato.

Desenvolverase mediante conferencias e mesas redondas, para facilitar a participación activa, o pensamento crítico, a creación de rede profesional e o intercambio de coñecemento.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 5  de marzo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín