O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG vai celebrar o día 28 de febreiro o curso “Ferramentas terapéuticas para o manexo da disociación en situacións de emerxencia”, no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Este curso está dirixido para os membros do GIPCE-112 e GIPCE-COPG, con todo, acordouse reservar 9 prazas para persoas que teñan interese nesta temática ou desexen ampliar a súa formación neste eido.
Podes inscribirte enviando o boletín cuberto a copgalicia@copgalicia.gal ata o 25 de febreiro, ou realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.
Só poderán acceder ao curso as 9 primeiras inscricións, respectarase rigorosamente a orde de chegada das inscricións.

