Manifesto 8M. Día Internacional da Muller - Unión Profesional de Galicia, comprometida coa redución da brecha salarial e laboral

8/3/2026

Unión Profesional de Galicia, integrada por corenta e seis colexios profesionais que representan a máis de trinta profesións, afianza o seu compromiso pola redución efectiva da brecha salarial e laboral entre homes e mulleres no ámbito das profesións colexiadas con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Unión Profesional de Galicia, ante a conmemoración do 8 de marzo de 2026 -Día Internacional da Muller- reafirma o seu compromiso pola redución efectiva da brecha salarial e laboral entre homes e mulleres no ámbito das profesións colexiadas. Unión Profesional de Galicia propón a posta en marcha de medidas concretas e proactivas que impulsen e favorezan a igualdade efectiva de oportunidades no ámbito das profesións colexiadas. Unión Profesional de Galicia tamén reclama un maior compromiso social que garanta unha empregabilidade efectiva e igualitaria no mercado laboral das profesións liberais colexiadas.

Unión Profesional de Galicia, que representa aos Colexios Profesionais cuxos colexiados están a avalados por unha titulación, considera que a educación e a formación son as ferramentas básicas para reducir o impacto do desemprego e a brecha salarial entre homes e mulleres.

A asociación que representa aos Colexios Profesionais en Galicia considera que para lograr o compromiso social que logre unha empregabilidade efectiva e igualitaria no ámbito das profesións liberais é fundamental o liderado que exerzan, ademais das profesionais e os profesionais e as súas profesións, as Administracións públicas e os demais actores implicados: formacións políticas, asociacións empresariais e sindicatos, entre outros.

Unión Profesional de Galicia, e todos os colexios profesionais que integran a asociación, manifestan o seu firme propósito de continuar traballando día a día co obxectivo de lograr a igualdade real no ámbito das profesións universitarias e en todos os ámbitos da sociedade civil de Galicia da que as profesionais e os profesionais forman parte activa.