Colexiados e colexiadas que traballen en contexto de diferenzas culturais e/ou migracións

3/7/2025

Desde o Grupo de Traballo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, facemos convite a colexiadas e colexiados involucrados en contextos de migración, refuxio, ou multiculturalidade, en calquera ámbito da Psicoloxía.

Co fin de recabar datos de profesionais colexiados que traballen en intervención comunitaria e/ou migracións, agradeceríamosche que cumprimentases o formulario que figura no seguinte enlace, no caso de estar interesado/a, e abrir liñas de acción para o noso colectivo.

Así mesmo, apelamos ó teu compromiso co diálogo intercultural para que te rexistres no Mapa de profesionais da páxina web do COPG, especificando a área de intervención.  Para que figuren os teus datos profesionais e área de intervención, deberás acceder á páxina web co teu usuario/a e contrasinal e entrar no apartado de “editar” para modificar os teus datos profesionais.

Por suposto, convidámoste a formar parte do Grupo de Traballo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, un espazo para compartir experiencias e información, crear sinerxías e conseguir unha sociedade diversa e harmónica. Para solicitar formar parte do Grupo de Traballo, primeiramente deberás pertencer á Sección de Psicoloxía da Intervención Social. Podes solicitar a túa afiliación no seguinte enlace.