Curso “Monográfico de Ruptura Traumática"

26/2/2026

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM's da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Monográfico de Ruptura Traumática”,  que se celebrará os días 8 e 9 de maio a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos adquirir e perfeccionar competencias específicas na área da ruptura e do dó, abordando os aspectos clave para unha adecuada intervención. Ademais da técnica, preténdese adestrar ó alumnado nas habilidades interpersoais que favorecen a vinculación terapéutica, para que a persoa consultante se sinta segura, acollida, asistida, comprendida e valorada.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 28 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín