Día Internacional das Persoas Maiores

1/10/2018

Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores que se conmemora este 1 de outubro, a Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través do Grupo de Psicoloxía do Envellecemento, organizou unha actividade informativa a pé de rúa.

O sábado 29 de setembro, os membros do Grupo, Arturo X. Pereiro (profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela) e Pedro Santamaría (psicoxerontólogo) estiveron informando nun posto propio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela sobre todo o que pode facer a psicoloxía polas persoas maiores, ademais de ofrecer un cribado do estado cognitivo a aquelas que estivesen preocupadas pola súa memoria. O balance da actividade foi moi positivo, xa que foron moitos os homes e mulleres que se achegaron para obter información sobre esta cuestión.