Cadernos de Psicoloxía Nº 35

23/8/2017

Xa está a vosa disposición na páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o número 35 de Cadernos de Psicoloxía, publicación que edita  o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Este número de Cadernos recolle as contribucións de psicólogos e psicólogas mozos coa finalidade de ilustrar algúns dos seus intereses e as respostas que propoñen para resolver os problemas profesionais. Trátanse temas como a anorexia nerviosa, a linguaxe e deterioración cognitiva lixeira (DCL), estimulación con novas tecnoloxías, adestramento en competencias e cognición social en doentes con dano cerebral e a conduta antisocial nos adolescentes expostos á violencia familiar.

Cadernos da Psicoloxía Nº 35 [accede ao pdf]