Informacións e actualización das recomendacións do COPG para o exercicio da Psicoloxía

En relación coas medidas de seguridade e hixiene nos centros de psicoloxía, a raíz da entrada na Fase 0 da desescalada, podes descargar as recomendacións para o exercicio profesional da psicoloxía nesta emerxencia por coronavirus actualizadas de acordo coa publicación da Orde SND/288/2020, do 3 de maio, do Ministerio de Sanidade, que regula a denominada “Fase O da desescalada”.

4/5/2020

Publicacións do COPG útiles para a emerxencia sanitaria

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publicou varios materiais de interese con motivo da alerta sanitaria: 
 
Axenda para adolescentes confinad@s ten por obxectivo proporcionar pautas para esta etapa evolutiva. Desde a Sección de Psicoloxía Educativa, responsable desta publicación en formato infografía, explican que afrontar o confinamento partindo dunha actitude positiva e fomentar as fortalezas dos mozos e mozas serán necesarios neste momento de espera. 
2/5/2020

Materiais e recursos útiles desde a Psicoloxía con motivo da emerxencia sanitaria

Actualizado con data 8 de maio

Recompilamos á continuación unha serie de materiais editados por motivo da emerxencia sanitaria por distintos colexios profesionais do conxunto do Estado, por se che resultan de utilidade.

Publicacións do COPG

- Recomendacións do COPG para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19 (accede aqui)

2/5/2020

Información do funcionamento do COPG - emerxencia sanitaria

Con motivo da emerxencia sanitaria, o COPG informa do seu funcionamento: 

- A atención presencial será con cita previa de 10:00 a 14:00h.

- A atención telefónica estará dispoñible de 10:00 a 14:00h de luns a venres, así como a atención a través do correo electrónico. 

- Suspéndese o servizo de empréstito de material de avaliación psicolóxica.

28/4/2020

Estudos sobre o impacto do COVID-19

  • Estudo “Psicoterapia durante o confinamento”

 Solicitude de colaboración nun estudo sobre “Psicoterapia durante o confinamento”, no que participan persoas investigadoras da Universitat Jaume I. Este estudo ten como obxectivo explorar como está impactando o confinamento que están atravesando as e os terapeutas na práctica da psicoterapia, tanto respecto ao uso da tecnoloxía como o impacto na persoa do terapeuta. 

Para participar no estudo, podes cumprimentar a seguinte enquisa (acceder á enquisa)

 

13/4/2020

Páxinas

Subscribe to