O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o 30º aniversario do GIPCE cunha exposición fotográfica
O que hoxe coñecemos como GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG tivo a súa orixe nun momento de incerteza social. No ano 1996, unha serie de movementos sísmicos na zona de Triacastela sementaron o temor entre a poboación. Ante aquela necesidade, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) creou o Grupo de Traballo sobre Protección Civil, a semente dun servizo que hoxe é un piar fundamental na asistencia de crises en Galicia.


