II Curso de mediación civil e mercantil
Entre o 15 de setembro e o 1 de decembro de 2018 terá lugar o II Curso de mediación civil e mercantil, organizado pola Comisión Intersectorial de Mediación do COPG, que se celebrará no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira, 10 – baixo | 15706 Santiago de Compostela).
O curso terá un mínimo de 24 asistentes, e daráselle preferencia ás psicólogas e psicólogos colexiados, suspendéndose a súa celebración no caso de non obterse este número de preinscricións.