O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia condena o asasinato machista cometido onte en Vilalba

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista cometido en Vilalba (Lugo), ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima.

Comunicado [ver pdf]

22/7/2019

Curso Online de igualdade en xénero no emprego

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o Curso Online de igualdade de xénero no emprego, que se terá lugar desde o 28 de outubro ata o 30 de novembro de 2019. Trátase dunha formación de 25 horas lectivas repartidas en 20 horas de teleformación e 5 horas de titorías a través da plataforma de teleformación do COPG.

 Este actividade ten como obxectivo formar en igualdade de xénero ás e aos profesionais da psicoloxía que desenvolven a súa actividade no ámbito do emprego.

17/7/2019

Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2015, a Xunta Directiva, na súa reunión de 29 de xuño de 2019, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA DA INTERVENCIÓN SOCIAL DO COPG.

5/7/2019

Posicionamento con Motivo do Dia Internacional da Liberacion Sexual ou do Orgullo LGTBI, 28 de Xuño

Este ano celébrase o 50º aniversario do levantamento de Stonewall na cidade de Nova Iorque, que se considera como o comezo do movemento dos dereitos das persoas LGBT. Foi hai 62 anos, na Convención Anual de 1956 da APA en Chciago cando a doutora Evelyn Hooker presentou a primeira investigación que abordaba a "despatoloxización da homosexualidade" e na que fundamentaba e desmentía o histórico mito de que as persoas homosexuais eran intrinsecamente menos saudables que as persoas heterosexuais.

28/6/2019

Presentación da Guía de Escleróse Múltiple – FEGADEM

FEGADEM levou a cabo a presentación da 1ª Edición da Guía de Esclerose Múltiple – intervencións profesionais, que tivo lugar na Consellaría de Sanidade, en Santiago de Compostela o día 14 de xuño. 

Varios membros do Grupo de Traballo sobre Esclerose Múltiple (EM) do COPG que participaron na elaboración de dita guía acudiron á presentación. O documento pretende dar a coñecer o traballo de todos os profesionais que de maneira coordinada, multi e interdisciplinar, son imprescindibles para abordar a enfermidade. 

14/6/2019

O COPG, Premio Solidario ONCE Galicia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia recibiu este martes 11 de xuño o Premio Solidario Once Galicia, que entrega o Grupo Social ONCE, na modalidade de Institución, organización, entidade ou ONG, polas actividades que vimos realizando orientadas a promover un cambio na sociedade galega, a reducir as desigualdades entre as persoas, favorecer as condutas de respecto e de tolerancia, loitar contra a violencia machista, promover a boa saúde mental e eliminar os estigmas contra a enfermidade mental, segundo se recolleu no fallo dos galardóns. 

13/6/2019

Páxinas

Subscribe to