Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde

24/11/2025

A próxima sesión do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde, celebrarase online o día 16 de decembro de 2025 de 9:30 a 11:30 horas.

Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 11 de decembro. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.
 
As persoas colexiadas noutros COPs é necesario que remitan un certificado de colexiación con data actual.

Formulario de inscrición

Formulario de compromiso