Lembrámosche que se atopa á túa disposición na páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o número 18 do Anuario Psicoloxía e Saúde “FENDAS” (ISSN: 2444 – 6653), publicación que edita anualmente a Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
Pódese acceder á publicación, premendo no seguinte enlace:
https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/publicacions/anuario_n_18.pdf
Ademais, se tes interese en solicitar este número impreso, tes dispoñible o boletín para formalizar a reserva. Dito boletín deberá ser enviado, xunto co xustificante de pago do importe do Anuario, á administración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a través de correo electrónico ou correo postal ata o 26 de febreiro de 2026.
O prezo de venda de lanzamento do Anuario de Psicoloxía e Saúde Nº 18 é de:
Socios e Socias da Sección de Psicoloxía e Saúde: 25 €
Psicólogos/as colexiados/as: 30 €
Non colexiados/as: 35 €

