O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclama garantir a accesibilidade á atención psicolóxica para atender a postemerxencia da COVID-19

O COPG pon o foco nos centros de saúde, nos centros educativos e nos Servizos Sociais comunitarios. 

O Colexio de Psicoloxía presentou un documento á Administración galega no que recolle un resumo do impacto psicolóxico da emerxencia sanitaria pola COVID-19 nos ámbitos da saúde, a educación, a política social, as organizacións, o xurídico, a mobilidade e o deporte.

17/6/2020

Recomendacións do COPG para o exercicio da Psicoloxía - nova normalidade

Tes á túa disposición as recomendacións para o exercicio profesional da psicoloxía na emerxencia sanitaria por coronavirus actualizadas de acordo coa publicación da Resolución de 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta, de 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a Fase III do Plan par

14/6/2020

Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2016, a Xunta Directiva, na súa reunión de 20 de decembro de 2019, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA XURÍDICA DO COPG.

8/6/2020

Retómase o procedemento do PIR

Retómase o procedemento do PIR. A continuación podes acceder á información correspondente:

- Resolución de 7 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se retoma o procedemento previsto na Orde SCB/925/2019, de 30 de agosto, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2019 para o acceso no ano 2020, a prazas de formación sanitaria especializada para as titulacións universitarias de grado/licenciatura/diplomatura de Medicina, Farmacia, Enfermería e ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

14/5/2020

Actualización de normativa e outras informacións para o exercicio profesional da psicoloxía

Xa tes á túa disposición a actualización da información para a práctica profesional actualizado coa publicación da Orde SND/399/2020, do 9 de maio, do Ministerio de Sanidade, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da Fase 1 do Plan de transición cara a unha nova normalidade.

10/5/2020

Día Mundial da Saúde Mental Materna

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través do Consejo General de la Psicología, únese á campaña internacional para declarar o primeiro mércores do mes de maio como “Día Mundial da Saúde Mental Materna”. Iniciativa que parte de numerosas organización de países como Alemaña, Austria, Australia, Arxentina, Canadá, Estados Unidos, Francia, Malta, Nova Zelanda, Nixeria, Reino Unido, Sudáfrica, Turquía e España, entre outros.

6/5/2020

Certificado de abono das cotas colexiais para a declaración da renda

Lembra que podes solicitar no e-mail copgalicia@copgalicia.gal  o teu certificado de abono das cotas colexiais do ano 2019 para a realización da túa declaración da renda.

Segundo a normativa, as cotas colexiais son gastos deducibles cando a colexiación teña carácter obrigatorio para o desempeño do traballo como no caso da Psicoloxía, na parte que corresponda ata os fins esenciais destas institucións, e co límite de 500€ anuais.

5/5/2020

Páxinas

Subscribe to