Proclamación definitiva candidatura eleccións X. D. Psicoloxía Educativa do COPG

A Comisión Electoral do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na súa reunión do 7 de maio de 2021, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, efectuada por esta Comisión o 23 de abril, e non téndose presentado ningunha outra 

ACORDA 

7/5/2021

Proclamación provisional candidatura eleccións X.D. Psicoloxía Educativa do COPG

A Comisión Electoral do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na súa reunión do 23 de abril de 2021, unha vez examinada a documentación presentada para concorrer ás eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia,

 ACORDA 

1.- Proclamar provisionalmente como válida a candidatura presentada e que se relaciona de seguido, dado que reúne todos os requisitos esixidos: 

23/4/2021

Recomendacións do Colexio de Psicoloxía para a escolla dos agasallos de Nadal

Nestas datas do Nadal a sociedade consumista que impera hoxe obríganos a mercar cada vez máis e especialmente para os cativos e as cativas da familia, que esperan con ilusión un monte de regalos. Desde a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia gustaríanos facer unha serie de recomendacións á hora de agasallar no Nadal con acerto,  apropiadamente e sen caer no exceso.

20/12/2016

Reunión coa Consellería de Educación

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, mantivo unha xuntanza o 16 de novembro co director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira López, onde lle trasladamos as nosas preocupacións polas dificultades que están a xurdir coa xestión das Becas para o Alumnado con Necesidades Específicas que convoca o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte,  ao ter coñecemento de que se estaban a denegar solicitudes por estar asinadas por psicólogos e psicólogas, cando o Minister

1/12/2016