Psicólogo/a Sanitario/a Autónomo/a para Instituto Médico Imaya

3/12/2025

Precísase Psicólogo/a Sanitario/a Autónomo/a para Instituto Médico Imaya (A Coruña). As funcións son: avaliación e tratamento psicolóxico de adultos e menores. 

Requisitos:

  • Grao/Licenciatura en Psicoloxía.
  • Estar colexiado/a.
  • Ter o Título de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía Clínica, o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria ou a Habilitación para o exercicio de actividades sanitarias.
  • Experiencia demostrable de 2 anos.
  • Formación en terapia EMDR, sistémica e trauma.

Valorarase persoas proactiva e traballo en equipo.

As condicións laborais son de convenio de colaboración autónomo/a, para acudir presencial e online. 

Ofrécese oportunidade de formación noutra abordaxe terapéutica que será ofrecida en parte pola propia clínica e a súa calidade asistencial.

As persoas interesadas deben enviar o CV a : hafdallahmenni@institutoimaya.com