Psicólogo/a sanitario/a para Amilogo

10/6/2025

Búscase psicólogo/a sanitario/a autónomo/a, para o Centro Amilogo, en Fene. Debe estar en posesión da habilitación para o exercicio de actividades sanitarias.

As funcións a realizar son valoración e intervención psicolóxica en poboación infantil e adulta.

Boa disposición para traballo en equipo.

Contrato de prestación de servizos de 8 a 12 horas semanais aproximadamente. O salario será acordado previamente coa empresa.

As persoas interesadas poñerse en contacto no e-mail: centroamilogo@gmail.com