Programa Psicoeducativo para a Postemerxencia en Centros Educativos

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través dun Grupo de Traballo creado par este fin, vén de elaborar un Programa Psicoeducativo para a Postemerxencia en Centros Educativos, dirixido a dotar de ferramentas para os e as profesionais da psicoloxía, que permita traballar co alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, na próxima volta ás aulas, e que permita procesar e integrar a experiencia da pandemia da COVID-19.

21/7/2020

Actualización de axudas pola COVID-19 e plataforma gratuíta de telepsicoloxía

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia actualizamos a información relativa ás axudas públicas para profesionais autónomos/as para paliar os efectos económicos derivados da COVID-19.

As medidas que comunicamos previamente foron:

- Real Decreto-lei 24/2020, de 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial: https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/27/pdfs/BOE-A-2020-6838.pdf

13/7/2020

O COPG participa no acto de homenaxe ás vítimas da COVID-19, organizado polos 29 colexios profesionais sanitarios

 
Os 29 colexios profesionais sanitarios de Galicia, que aglutinan a quince profesións, reuníronse, por primeira vez na súa historia, nun acto conxunto e decidiron, por unanimidade, organizar unha homenaxe ás vítimas da COVID-19, o 28 de xullo, ás once da mañá, que terá como marco o Salón Nobre do Pazo de Fonseca, cedido para a ocasión polo reitor da USC, Antonio López. 
 
1/7/2020

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclama garantir a accesibilidade á atención psicolóxica para atender a postemerxencia da COVID-19

O COPG pon o foco nos centros de saúde, nos centros educativos e nos Servizos Sociais comunitarios. 

O Colexio de Psicoloxía presentou un documento á Administración galega no que recolle un resumo do impacto psicolóxico da emerxencia sanitaria pola COVID-19 nos ámbitos da saúde, a educación, a política social, as organizacións, o xurídico, a mobilidade e o deporte.

17/6/2020

Páxinas

Subscribe to