Sesión formativa “Avaliación neuropsicolóxica en Centros de Recoñecemento. Novas perspectivas”

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a sesión formativa “Avaliación neuropsicolóxica en Centros de Recoñecemento. Novas perspectivas”, que se celebrará o día 18 de outubro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O obxectivo desta sesión formativa é seguir profundando no coñecemento teórico/práctico para mellorar as valoracións neuropsicolóxicas no contexto dos centros de diagnóstico psicotécnico, aplicables a todos os ámbitos da mobilidade e outras actividades de risco.

19/9/2025

Programa Kit Dixital: creación dun sitio web personalizado para as persoas colexiadas do COPG

O Kit Dixital é un programa dirixido a profesionais autónomos e pequenas empresas, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais, mellorando así o seu nivel de madurez dixital.

O axente dixitalizador autorizado, Miguel Maroño, ofrece ás persoas colexiadas do COPG interesadas nesta iniciativa a oportunidade de contar co desenvolvemento do seu sitio web, ademais de ter acceso a un servizo de apoio completo para todos os trámites burocráticos relacionados coa solicitude da subvención e a posterior xustificación.   

18/7/2024

Certificados EuroPsy

En relación coas novas solicitudes dos Certificados EuroPsy (Básico), EuroPsy Especialista en Psicoterapia (vía ordinaria), EuroPsy Especialista en Traballo (vía ordinaria) e EuroPsy Especialista en Deporte (vía ordinaria e veteranos), e co fin de facilitar e axilizar o proceso de novas solicitudes, infórmase que desde o día 1 de xullo de 2024 habilitouse unha web EuroPsy, á cal podes acceder a través da seguinte ligazón Certificado EuroPsy.

9/7/2024

Páxinas