Posto:
Psicólogo/a
Empresa ou Entidade:
Cáritas Diocesana
Localidade:
Lugo
Nº vacantes:
1
data oferta:
martes, Decembro 25, 2018 a martes, Xaneiro 1, 2019
Funciones principais:
- Acollida, acompañamento e intervención social con mulleres en situacións de exclusión ou vulnerabilidade, e en particular con mulleres en contextos de prostitución, violencia, trata ou explotación sexual.
- Visitas regulares a contextos de prostitución facilitando información e orientación así como reparto de material preventivo.
- Entrevistas periódicas coas mulleres e visitas ao seu entorno familiar.
- Atención e información social periódica e continuada sobre os seus dereitos, recursos sociais prestacións sociais existentes.
- Orientación e información sociosanitaria (infeccións de transmisión sexual, probas e analíticas, reparto de material preventivo).
- Elaboración de plans personalizados de inserción que recollan os diferentes aspectos a incidir e revisión periódica destes plans (intervención sociofamiliar, saúde, hábitos, etc.).
- Deseño e realización de diferentes actividades e obradoiros grupais con mulleres encamiñados a traballar os procesos de violencia, propiciar autonomía persoal, fomentar a autoestima, mellorar hábitos saudables, coidados da saúde, traballar habilidades sociais, axudar á reflexión e toma de decisións de cara a implantar canais de comunicación e relación normalizados co entorno social, laboral, económico e familiar.
- Actividades de sensibilización e formación no ámbito da muller e as súas problemáticas específicas.
- Xestión administrativa e documental das actividades realizadas dentro do proxecto.
- Organización e acompañamento ás mulleres en actividades comunitarias (ocio, cultura, etc.).
- Xestión de recursos e prestacións sociais e derivación a outros recursos.
- Coordinación técnica con outras institucións e profesionais.
Requisitos:
- Licenciatura ou Grao en Psicoloxía.
- Colexiado/a.
- Formación especializada en muller, xénero, igualdade e violencia contra as mulleres.
- Formación en materia de trata ou explotación sexual.
- Coñecemento en identificación, xustificación e execución de proxectos.
- Experiencia de traballo previa con mulleres en contextos de violencia, prostitución, en situación de exclusión e vulnerabilidade. Carné de conducir e dispoñibilidade para iso.
Capacidades profesionais:
- Capacidade de resposta rápida ante emerxencias.
- Sensibilidade ante a diversidade cultural.
- Capacidade para liderar iniciativas.
- Disposición para o traballo en equipo e o traballo autónomo.
- Habilidades comunicativas e empáticas.
- Dinamismo, pro actividade para o desenvolvemento do traballo.
- Resistencia ao estrés e orientación ao logro de obxectivos.
- Compromiso cos obxectivos de CARITAS coa súa misión, visión e valores.
Valorarase:
- Coñecemento das organizacións do terceiro sector, preferiblemente relacionadas co traballo en favor das mulleres en situación de exclusión e vulnerabilidade, especialmente mulleres vítimas de violencia, trata ou explotación sexual.
- Participación anterior en redes, foros ou grupos de defensa dos dereitos das mulleres.
- Cursos de formación en políticas de xénero e igualdade, en violencia de xénero ou relacionados.
- Experiencias de traballo coordinado con equipos interdisciplinares.
- Experiencia en realización de talleres grupais con mulleres.
- Flexibilidade horaria.
- Incorporación Inmediata.
Ofrécese:
- Xornada laboral completa.
- Incorporación inmediata.
- Salario segundo Convenio Estatal de Acción e Intervención Social.
- Contrato por obra e servicio ata final de 2019.
- Lugar de traballo: Lugo
Solicitudes:
- As persoas interesadas deben presentar as súas candidaturas achegando “Currículum Vitae” antes do 1 de xaneiro de 2019 por correo electrónico ao enderezo secretario.cdlugo@caritas.es ou ben de maneira persoal en Cáritas Diocesana de Lugo en Rúa da Cruz,1 – baixo | 27001 LUGO.
Contacto ou Mais Información:
Cáritas Diocesana de Lugo
Rúa da Cruz, 1 - baixo 27001 Lugo
secretario.cdlugo@caritas.es
Emprego Público: