Achegas da Psicoloxía 2013

Achegas da Psicoloxía 2013
venres, Maio 3, 2013 - 18:15

O 3 de maio de 2013 celebrouse no AC Hotel Vila de Allariz (Ourense) o encontro de todos os colexiados e colexiadas do COPG, acto no que se fixo entrega o Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade”. A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia decidiu outorgar o premio nesta 5ª Edición a José Luis Sampedro Sáez, Escritor, Humanista e Economista, pola súa sensibilidade, o seu compromiso social, as súas reivindicacións de antes e de agora, a súa coherencia e actitude persoal, e polas súas palabras cun enorme poder de visualización e defensa da dignidade humana.

José Luis Sampedro Sáez faleceu na súa residencia en Madrid antes de poder acudir a recoller o galardón outorgado. Desde o Colexio fíxoselle entrega do galardón a súa viúva, Olga Lucas.

Déixanos un inmenso legado, literario, ensaístico e humanístico, as súas aportacións culturais e sociais perviven e son as que engrandecen a súa figura. Desde a nosa institución quixemos expresar o noso recoñecemento pola súa contribución aos valores humanos, tan cuestinados hoxe en día, como a igualdade, a educación ou a xustiza e ensalzar a súa actitude vital como exemplo para a sociedade.

Como en anos anteriores, no acto tamén se efectuou un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que levan 25 anos de vida colexial de forma initerrumpida, e tamén deuse a benvida a todos os colexiados e colexiados que se incorporaron, por primeira vez, ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ao longo do ano 2012.

Galería de fotos [accede á páxina]