Actividades con motivo do 8M

venres, Febreiro 27, 2026 - 10:15 a martes, Marzo 31, 2026 - 10:15

Desde a Casa Xohana Torres ofertan as seguintes actividades durante o mes de marzo:

  • Martes 3 de marzo – 19:00 a 21:00 – OBRADOIRO "Confianza en acción: superando a Síndrome da Impostora" con Estrella Rebordelocoach certificada e doutora en endocrinoloxía, especializada en acompañamento emocional. Un obradoiro para reflexionar sobre a autocrítica, as crenzas limitantes e as dúbidas arredor da propia valía, e para incorporar ferramentas que axuden a fortalecer a autoconfianza no día a día. A sesión combinará contidos teóricos con dinámicas prácticas para identificar patróns de pensamento e desenvolver unha relación máis amable co erro, co éxito e co propio proceso persoal.
  • Mércores 4 de marzo –  18:30 a 21:30   TERTULIA sobre non monogaimas, promovida por Compostela Non Monógama. Non precisa inscrición previa.
  • Xoves 5 de marzo –  19:30 a 21:30 –  XUNTANZA "Cara un 8M unitario!", promovida por AVANTE LGBT+. Asemblea organizativa para o 8M aberta a mulleres, persoas disidentes de xénero e colectivas. Non precisa inscrición previa. 
  • Venres 6 de marzo  –  11:30 a 13:30 – ROTEIRO "As mulleres na historia compostelá" con María Otero, guía oficial de Galicia e historiadora da arte, especializada en divulgación patrimonial con perspectiva de xénero. Percorrido guiado polas rúas de Santiago, con inicio na Praza do Obradoiro, para coñecer o papel das mulleres na historia da cidade e descubrir a súa presenza no patrimonio, nos espazos urbanos e na vida cotiá.
  • Martes 10 de marzo – 19:00 a 21:00 – CLUB DE BORDADO I "Bordando o pasado" con María Arufe, educadora artística. Última sesión do primeiro Club de Bordado da Casa Xohana Torres, un espazo de creación colectiva no que se combina o bordado e a memoria das mulleres. Actividade de continuidade. Non se admiten novas inscricións.
  • Mércores 11 de marzo –  19:30 a 21:30 – ASEMBLEA ABERTA, promovida por AVANTE LGBT+. Non precisa inscrición previa. 
  • Xoves 12 de marzo  –  17:30 a 20:30  –  XUNTANZA "Encontros que pintan o futuro", promovida por Centro de Información á Muller (CIM). 
  • Venres 13 de marzo – 16:00 a 20:00 – FORMACIÓN "Atención sanitaria con perspectiva de xénero e ollar diverso" con Sabela Maceira, educadora social da Casa Xohana Torres e sexóloga especializada en educación sexual e diversidade. Formación dirixida a profesionais de enfermaría para incorporar ferramentas de atención inclusiva, comunicación respectuosa e detección precoz de situacións de vulnerabilidade.
  • Martes 17 de marzo – 18:00 a 20:00 – OBRADOIRO "Postais Pop-Up: Mulleres que se erguen" con Laura Cortés, ilustradora profesional con ampla experiencia en proxectos educativos e creación artística comunitaria. Actividade creativa pensada para familias na que se elaborará unha postal tridimensional inspirada en mulleres referentes, combinando pop-up e técnicas de ilustración analóxica. 
  • Mércores 18 de marzo – 18:00 a 20:00 – OBRADOIRO "A importancia da paternidade activa na igualdade de xénero" con Viviana Varela, técnica de ACOUGO, educadora social e pedagoga con ampla experiencia en intervención familiar e promoción da igualdade. Espazo de encontro e diálogo sobre a corresponsabilidade nos coidados e o papel da paternidade activa na igualdade de xénero, a través do intercambio de experiencias. Haberá servizo de conciliación proporcionado por ACOUGO.
  • Mércores 25 de marzo – 17:00 a 19:00 – OBRADOIRO "O descanso como práctica política. En tempos urxentes, pausas rexenerativas" con Mari Fidalgo, psicóloga e facilitadora de Biodanza con traxectoria en saúde comunitaria e traballo con mulleres e persoas LGBTIQ+. Obradoiro vivencial que propón un tempo de pausa, movemento e conexión co corpo para explorar o descanso e os coidados como prácticas necesarias e colectivas a través da biodanza.
  • Venres 27 de marzo  – 11:00 a 13:00  – OBRADOIRO DE COLAXE "O desexo cuir que nos move" con Marinha Longa, profesional da intervención sociocomuitaria e a dinamización de grupos. Un obradoiro de creación artística para persoas cuir no que explorar o desexo como motor vital a través do colaxe, combinando reflexión, inspiración artística e expresión persoal. 

Estas actividades son gratuítas e desenvolveranse de forma PRESENCIAL na Casa Xohana Torres. A inscrición pode facerse a través desta ligazón: https://form.jotform.com/220623450131036

Axuntamos tamén a programación coa información en profundidade para maior consulta. Para MÁIS INFORMACIÓN podes contactar no teléfono 608 710 978  ou no correo electrónico: casaxt@santiagodecompostela.gal

 

 

Desde a Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade, a través do CIM, queremos convidarvos a participar e difundir as actividades organizadas con motivo da Campaña do 8M e que están abertas a toda a cidadanía.

Este ano poñen en marcha o ciclo “Falando con Mulleres”, un espazo de encontro e diálogo para compartir vivencias e saberes. A programación está pensada para fomentar un ambiente participativo de aprendizaxe colectiva e artéllase nas seguintes actividades:

1. Mulleres que son e están
Luns 2 de marzo · 18:00 h
Auditorio Sede Afundación (Cantón Grande, 8)
Mesa de debate na que participan Ebbaba Hameida, Suiry Sobrino e María José Jiménez Cortiñas (Guru), moderada por Estíbaliz Veiga e coa música de Lis Teuntor.

 

2. Mulleres e saúde – Espazos de divulgación cunha perspectiva integral e de xénero que se celebrarán ao longo das vindeiras semanas en distintos espazos da cidade.

  • Hormonas, muller e envellecemento saudable: comprender os cambios para vivir mellor. Dra. Cristina Tejera Pérez. Médica especialista en Endocrinoloxía.  Martes 3 de marzo · 18:30 h. Kiosko Alfonso
  • Coidarme sen castigarme; alimentación, presión estética e relación coa comida. Lidia Folgar. Dietista-nutricionista especialista en psiconutrición. Mércores 4 de marzo · 17:30 h. Salón de actos do Forum Metropolitano.
  • Claves para comprender a importancia da actividade física na saúde das mulleres. Paula García Tenorio. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Xoves 5 de marzo · 18:30 h. Sala de usos múltiples do Centro Cívico Cidade Vella
  • Perimenopausa, menopausa e novos comezos. Dra. Carol Strate. Xinecóloga e sexóloga. Luns 9 de marzo · 18:30 h. Kiosko Alfonso
  • Mulleres e saúde mental: retos, coidados e benestar emocional. Dra. Rosa Molina. Psiquiatra e divulgadora. Martes 10 de marzo · 18:30 h. Museo da Domus. Sala Leonardo.

Todas as actividades son gratuítas e abertas á cidadanía. O aforo é limitado, polo que é precisa inscrición previa a través do formulario que atoparás aquí. As prazas libres cubriranse por orde de chegada o propio día.

Dossier "mulleres que son e están"

Dossier "mulleres e saúde"