Escuela Virtual de Igualdade

martes, Febreiro 25, 2025 - 09:00

Desde o Instituto das Mujeres, pertencente ao Ministerio de Igualdade levan a cabo distintos programas para promover a igualdade de mulleres e homes en todos os ámbitos, un destes programas é a Escola Virtual de Igualdade, a través da cal, e co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, impártese formación “on-line” en materia de igualdade, en diferentes niveis e especialidades temáticas.

Actualmente se está desenvolvendo a 13ª edición cunha oferta de 40.002 prazas para os exercicios 2024-2026 na que, ademais das catro especialidades de nivel básico e catro de nivel avanzado que se impartiron na última edición, incluíronse dous  cursos máis de nivel básico, “A perspectiva de xénero nas políticas sanitarias”, dirixido ao persoal sanitario e “Medio ambiente e cambio climático con perspectiva de xénero” dirixido a sensibilizar e formar desde a perspectiva de xénero no ámbito do medio ambiente, conservación da biodiversidade e loita contra o cambio climático.

Díptico

Cartel