Formación "Autonomía funcional en persoas maiores de 3 anos: determinación do grao de dependencia e valoración de elementos contextuais"

luns, Xaneiro 19, 2026 - 14:30 a luns, Marzo 30, 2026 - 14:30

Título: Autonomía funcional en persoas maiores de 3 anos: determinación do grao de dependencia e valoración de elementos contextuais

 

Organiza: Centro de Posgrao e Formación Permanente da Universidade de Vigo

 

Lugar de impartición: Facultade de Educación e Traballo Social, campus de Ourense. Seminario 3 do Pavillón 1

 

Datas: do 26/02/2026 ó 27/03/2026

 

Horario: Xoves e venres de 16:00 a 20:00 horas

 

Duración: 40 horas (4 ECTS)

 

Modalidade: presencial

 

Nº de prazas: 25

 

Período de preinscrición (ABERTO): 12/01/2026 – 06/02/2026

 

Período de matrícula: 09/02/2026 – 23/02/2026

 

Prezos*

 

  • Público en xeral: 376€
  • Alumni UVigo: 338,40€
  • Comunidade UVigo: 319,60€

 

* As persoas entre 25 e 64 anos de idade terán un desconto do 70% sobre o prezo correspondente quedando do seguinte xeito:

 

  • Público en xeral: 112,80€
  • Alumni UVigo: 101,52€
  • Comunidade UVigo: 95,88€

 

Titulacións de orixe preferentes: Traballo Social, Terapia Ocupacional, Fisioterapia, Enfermaría, Psicoloxía e Medicina. No caso de existir prazas dispoñibles, admitiranse persoas con outras titulacións, por exemplo Educación Social, sempre que acrediten experiencia profesional no ámbito sociosanitario.

 

Profesorado:

 

  • Rubén González Rodríguez: Traballador Social, Terapeuta Ocupacional e Psicólogo
  • Jessica Martín: Terapeuta Ocupacional
  • Irene Somoza Sampayo: Terapeuta Ocupacional
  • Ana María Rodríguez González: Traballadora Social
  • Breogán Riobóo Lois: Traballador Social

 

Web para inscribirse e con toda a información do curso : https://cpfp.uvigo.gal/gl/estudos/titulos-propios/id1261-1/ (pendente de actualizar os datos do profesorado)