A Universidade de Santiago de Compostela (USC) oferta a Microcredencial Universitaria en Capacitación en Estilos de Vida Saudables, incluída na oferta de estudos propios da área de Ciencias da Saúde da USC.
Esta Microcredencial está orientada a profesionais da saúde do ámbito da Medicina, Farmacia, Enfermería ou Odontoloxía; profesorado de educación primaria, secundaria, bacharelato ou Formación Profesional; servizos de prevención de riscos laborais e demais interesados en actualizar e reforzar as súas competencias en promoción da saúde, prevención e estilos de vida saudables, cun enfoque aplicado á prevención do consumo de tabaco e das infeccións de transmisión sexual (ITS).
Características da formación:
- Modalidade: Virtual.
- Metodoloxía: Inclúe sesións e actividades prácticas en formato asíncrono, que permiten unha xestión flexíbel do tempo de aprendizaxe, e dúas sesións síncronas (días e horario a valorar cos participantes).
- Duración: 1 mes. Inicio: 16/04/2026. Fin: 15/05/2026.
- Créditos: 1 ECTS.
Período de inscrición:
Preinscrición: 20/01/2026 - 22/03/2026.
Matrícula: 23/03/2026 - 06/04/2026.
Prezo: 27,27€.
O proceso de inscrición e matrícula encóntrase aberto a través da plataforma oficial da USC (Matrícula). O número de prazas é limitado e a súa asignación realizarase por exclusiva orde de preinscrición.
Para máis información sobre contidos, calendario e procedemento de matrícula, poden consultar a web oficial da Microcredencial (Máis información).

