Formación

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso introdutorio “O abuso emocional dentro do ámbito da violencia de xénero. A violencia invisible á vista”, que se desenvolverá entre o 3 e o 24 de outubro de 2020.. Este curso está organizado de acordo co convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade, para dar cumprimento aos obxectivos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 

Levaranse a cabo de modo online e terá un carácter teóricopráctico, e está encamiñado a facilitar unha formación básica e especializada en xénero, violencia de xénero e perspectiva de xénero. A formación está dirixida a todos os psicólogos e psicólogas colexiadas no COPG, co obxectivo de proporcionar a integración dunha mirada de xénero que nos permita superar a iniquidade (desigualdades innecesarias, evitables e inxustas) desde a nosa vida e o noso ámbito profesional e deste modo atender ao carácter ético asociado coa xustiza social e DD. HH.

O último día de inscrición é o 28 de setembro de 2020.

Programa (acceder ao pdf)

Boletín de inscrición (acceder ao pdf)

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Aspecto ético-deontolóxicos no traballo con menores e as súas familias”, que se celebrará a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG os días 16 e 17 de outubro de 2020

Con este curso quere darse a coñecer ao alumnado os aspecto ético – deontolóxicos que se presentan no traballo con menores e as súas familias e resolver posibles dilemas éticos que se presentan.

O último día de inscrición é o 6 de outubro de 2020

Programa (accede ao pdf)

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Actividade formativa “O apego desde o contexto de protección á infancia” que se vai celebrar os vindeiros sábados 17 e 31 de outubro de 2020.

Tratase dunha actividade formativa de modalidade online,  titorizado a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG con exposición teórica, visualización de vídeos e exercicios prácticos de valoración e intervención do sistema do apego.

O último día de inscrición é o 7 de outubro de 2020.

Programa (accede ao pdf)

Boletín de inscrición (accede ao pdf)

O vindeiro sábado 17 de outubro de 2020, en horario de 10:00 a 14:00 horas, celebrarase o Curso “Atención psicolóxica telefónica”, organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

Trátase dunha formación só para os psicólogos e psicólogas integrantes do GIPCE.

O curso ten como obxectivo que as persoas asistentes adquiran as habilidades e ferramentas fundamentais para abordar a intervención telefónica e online, seguindo un esquema dos aspectos relevantes a explorar, valorar e intervir segundo o tipo de chamada e vendo o enfoque a adoptar ante as demandas máis habituais na actual situación.

 O prazo de inscrición remata o 7 de outubro de 2020

Programa (ver pdf)
Boletín de inscrición (ver pdf)

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Sesión formativa online “A participación cidadá fronte a crise ecolóxica”, que se celebrará o vindeiro 14 de novembro de 2020.

O obxectivo desta actividade e manifestar a importancia do potencial das intervencións psicosociais para frear os problemas ambientais.

último día de inscrición é o 4 de novembro de 2020.

Programa (ver pdf)

Boletín de inscrición (ver pdf)

O vindeiro sábado 14 de novembro de 2020, en horario de 09:30 a 13:30 horas, celebrarase o  Curso  “Multiculturalidade e intervención psicolóxica en situacións de emerxencia ”, organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Trátase dunha formación só para os psicólogos e psicólogas integrantes do GIPCE.

O curso ten como obxectivo adquirir os coñecementos básicos sobre as diversas culturas e relixións e ofrecer pautas que nos permitan desenvolver o noso traballo nunha intervención como psicólogos e psicólogas de emerxencias desde o respecto aos rituais e costumes de cada cultura e/ou relixión.

O prazo de inscrición remata o 4 de novembro de 2020.

Programa (ver pdf)

Boletín de inscrición (ver pdf)

A Vogalía de Formación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Introdución á teleasistencia psicolóxica” os días 29 de outubro e 5, 19 e 26 de novembro de 2020 en horario de 19:30 a 21:00 horas.

O curso desenvolverase a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e ten como obxectivos adquirir coñecementos básicos para a práctica da teleasistencia psicolóxica, familiarizarse co funcionamento e os recursos que ofrecen as plataformas web para o desenvolvemento da terapia online, afondar nas consideracións éticas e legais da práctica profesional telemática e potenciar o desenvolvemento profesional continuo.

último día de inscrición é o 21 de outubro de 2020.

Programa (ver pdf)
Boletín de inscrición (ver pdf)

 
What do you want to do ?

New mail

 
 
What do you want to do ?

New mail

 

Ao longo do confinamento, as oito da tarde convertéronse nunha hora de agradecemento, de recoñecemento, de solidariedade e de comunidade. Desde a Vogalía de Formación do COPG deseñamos un ciclo con 7 webinars ao longo de dúas semanas no que compañeiros e compañeiras colexiadas compartirán recursos que desenvolveron no contexto da pandemia e que poden ser de utilidade. 

Todos os webinars darán comezo ás 20:00h.

  •  LUNS 9: "Retos e necesidades psicosociais dos centros residenciais de persoas maiores en tempos de COVID-19. Historias de resiliencia"
  •  MARTES 10: "Como facer reunións eficaces e resolutivas"
  •  MÉRCORES 11: "Gardiáns e gardiás do arco da vella: unha acción da comunidade para a comunidade"
  •  XOVES 12: "A mobilidade no km cero"
  •  LUNS 16: "Necesidades psicosociais das persoas maiores con deterioro cognitivo en tempos da COVID19"
  •  MARTES 17: "Retrincos de cores"
  •  MÉRCORES 18: "Achegándonos ao mindfulness: Guías de prácticas do COPG"

Inscrición gratuíta e libre ata o 2 de novembro. 

Descarga o programa completo.

Descarga o boletín de inscrición.

O Grupo de Psicoloxía Perinatal da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Introdución á Psicoloxía Perinatal”, que se celebrará a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG o 28 de novembro de 2020.

Entre os obxectivos do curso están o de dar a coñecer o eido da Psicoloxía Perinatal dentro da Psicoloxía e profesións afíns, expoñer os ámbitos de aplicación e o traballo en rede coma un recurso esencial e achegar información que poña o foco na importancia da prevención, acompañamento e intervención no período vital que abrangue.

O último día de inscrición é o 18 de novembro de 2020.

Programa (accede ao pdf)
Boletín de inscrición
 (accede ao pdf)