Os coidados paliativos pediátricos protagonizaron unha das actividades formativas que organizamos no Colexio este mes de febreiro. Alicia Carballal, vicepresidenta da Sección de Psicoloxía e Saúde e psicóloga especialista en psicoloxía clínica, falou sobre este ámbito con Faro de Vigo e explicou que "tratamos de acompañar o paciente pediátrico e a súa familia ao longo de todo este proceso, durante o que hai moita vida, e axudalos na toma de decisións".