Galicia celebra o Día Internacional da Muller Traballadora

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia envíou aos medios de comunicación con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora un texto para denunciar que a desigualdade entre homes e mulleres é "unha das maiores inxustizas" da sociedade actual, "porque afecta directamente a metade da poboación", de modo que considera "imprescindible" poñer en marcha políticas tendentes ao "equilibrio".