A falta de profesionais no ámbito da saúde mental na sanidade pública, fai que as listas de espera sexan preocupantes e non se consiga dar a atención necesaria nos tempos axeitados. Na entrevista da Cadena Ser a José Berdullas, vogal da Xunta de Goberno do COPG e Coordinador coa Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, tamén se expón o abuso dos antidepresivos. Berdullas declara que "Hai que mirar á infancia e ás persoais maiores, son grupos nos que debemos traballar dende a prevención", asegura Berdullas, xa que Galicia é a comunidade que "máis medicados temos aos pacientes de saúde mental".