O cibercontrol, unha forma de violencia de xénero 2.0

O cibercontrol ou o control a través dos dispositivos tecnolóxicos, como os móviles ou ‘tablets’, convertíronse na nova forma de violencia de xénero, provocando que as víctimas se aillen, teñan ataques de pánico ou ansiedade, trastornos do sono e ata pensamentos suicidas. O cibercontrol é «unha modalidade de violencia que, normalmente, dase por medio da manipulación e vixilancia continuada por parte dunha parella ou exparella e o medio é a través das novas tecnoloxías, tanto os dispositivos electrónicos como as redes sociais, páxinas webs e aplicacións», explica Patricia Rodríguez Villar, vogal da Sección de Psicoloxía de Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG).