O psicólogo Víctor Fraga Gayoso formou no COPG a compañeiros no ámbito do tratamento penitenciario

O pasado sábado organizamos un obradoiro no que coñecer mellor o tratamento penitenciario dos delitos de violencia de xénero, partindo da necesidade de facer intervencións psicolóxicas eficaces nos centros penitenciarios cos homes que maltrataron ás súas parellas como medida de prevención da reincidencia neste tipo de delitos. Aquí tes unha entrevista co docente sobre o tema tratado.