Concepción Rodríguez Pérez, psicóloga e membro da Comisión de Cultura do COPG, expón como é a figura dunha persoa narcisista.
Concepción Rodríguez comenta que "unha das técnicas que utiliza é a anulación do sistema de apoio. Aísla á persoa para que no poida ou non teña as súas amigas ou familia que lle poderían dicir que hai cousas que non lle gustan en el ou na relación". "Por exemplo comezan a facer comentarios como ‘Non me gusta que chames tanto as túas amigas’. Ese é un signo directo ao que se sumarán outros comportamentos máis exaxerados a posteriori», apunta a psicóloga.

