Os 394 suicidios en Galicia no 2014 son a cifra máis alta dos últimos anos

A Psicóloga Mercedes Fernández Cabana, especialista en clínica en hospitais de Ourense e A Coruña, afirma que que no ano 2014, o último do que se dispoñen datos oficiais, faleceron por suicidio 394 persoas en Galicia. Son 14,34 por cada cen mil habitantes, a cifra máis alta dos últimos anos, desde 2008.