O fenómeno «as redes sociais son falsas», que invita aos usuarios a mostrar as súas inseguridades, está gañando forza como unha forma de confrontar o lado impostado de Internet e de reafirmarse persoalmente. Sen embargo, mostrarse vulnerable tamén ten riscos.
Para Xacobe Abel Fernández García, presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), este fenómeno admite varias lecturas. Por un lado, contribue a rebaixar a presión que ocasionan as redes sociais e funciona como un exercicio de autoafirmación. Por outro, evidencia que non todo é perfecto e que o mundo dixital está cheo de contradiccións.
Xacobe Abel Fernández asegura que «é un mecanismo reparador das propias redes para que sexan máis habitables».

