A traxedia do Alvia afectou aos 45 psicólogos que interviron

Os 45 psicólogos que asistiron as vítimas do Alvia en Angrois o 24 de xullo resultaron afectados “por unha ou varias circunstancias da intervención. Todas as situacións que rodearon o accidente influíron  en cada un dos membros do grupo”. Así o explica Ana Martínez Arranz, coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.