O xurado da XVI Edición do Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas” acordou por unanimidade outorgar o premio ás seguintes obras:
Categoría de poesía
Gañadora:
» “Esférica”, Irene Quinteiro Blanco (antiga colexiada G-05494).
Mención especial:
» “Tal como as nubes que impele o vento”, Noela Vázquez Ledo (G-06209).
Categoría de narrativa
Gañadora:
» “Pequena achega”, Marisa Vidal Collazo.
Mención especial:
» “Merece a pena vivir morrendo?”, Leticia Río López (G-06321).
O acto de entrega de premios tivo lugar o martes 10 de decembro de 2024, ás 18:30 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n. Santiago de Compostela).