Galardoados VIII Edición - 2015

O 1 de decembro tivo lugar na sede do COPG a entrega de premios do VIII Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”.

A decana, Mª Rosa Álvarez Prada, o vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, e a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG e vogal da Xunta de Goberno, Concha Rodríguez Pérez, fixeron entrega dos galardóns ás persoas gañadoras desta edición. Na modalidade de poesía, a galardoada este ano foi María Azucena Rey Torrente, mentres que na categoría de narrativa, a autora recoñecida é Gisela Mato Rivera. Tamén se fixo entrega dunha mención a Elena Mª González Toimil.