O pasado 11 de decembro tivo lugar na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a entrega do XI Premio Literario do COPG "Rosa de Cen Follas".
O xurado da XI Edición do Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas” acordou por unanimidade outorgar o premio ás seguintes obras:
Categoría de narrativa:
Título: Salvamento
Autor: Fernando González Iglesias
Categoría de poesía:
Título: Liberación
Autora: María Carou López